Premio Día Mundial do Traballo Social: Modalidade boas prácticas – O proxecto INclúe: Innovación para a Inclusión Social en Galicia, de Emaús Fundación Social. Maio 2014 – setembro 2015
Autoría: Juncal Blanco Granado, Nerea Kortajarena Ibánez e Virginia Romero Sobral
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Inclusión social; innovación; participación; calidade; igualdade

Resumo

O Proxecto INclúe desenvolvese en Galicia (maio 2014 e setembro 2015). Trátase dunha iniciativa xestada dende a colaboración interinstitucional, a partir da constitución dun partenariado conformado pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, de Emaús Fundación Social e da consultora EOSA (Estratexia e Organización, SA). O proxecto conta tamén con diferentes entidades colaboradoras: 14 entidades sociais con experiencia na inclusión social en Galicia, 4 corporacións locais e O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Emaús, en calidade de entidade promotora do proxecto, asumiu o reto de identificar un novo marco conceptual de referencia, o Modelo INclúe, que redefine as claves dunha atención de calidade para todas as entidades público-privadas que interveñen no ámbito da inclusión social. Estas claves foron identificadas e definidas conxuntamente entre as entidades socias e colaboradoras (a través da dinamización de reunións de traballo participativo) e persoas afectadas por situacións de exclusión social. Entre os resultados deste traballo poden destacarse dúas publicacións: O Modelo INclúe, onde se describe a fundamentación teórica das claves da nova atención de calidade para na exclusión social e O Manual INclúe, un manual dirixido a profesionais das entidades públicas e privadas que traballen pola inclusión social. Paralelamente deseñouse unha ferramenta informática (http://valoracion.emausinclue.com/inclue.zip) que permite realizar unha valoración técnica e obxectiva para identificar o grao de exclusión social dunha persoa. Esta ferramenta é susceptible de ser aplicada polas entidades públicas e privadas que operan no ámbito da inclusión social en Galicia, e pode ser replicada facilmente noutras comunidades autónomas

Resumen

El Proyecto INclúe se desarrolla en Galicia (mayo 2014 - septiembre 2015). Se trata de una iniciativa gestada desde la colaboración interinstitucional, a partir de la constitución de un partenariado conformado por la Dirección Xeral de Inclusión Social de la Xunta de Galicia, Emaús Fundación social y la Consultora EOSA (Estrategia y Organización, s.a.). El proyecto contó también con diferentes entidades colaboradoras: 14 entidades sociales con experiencia en Inclusión Social, 4 corporaciones locales y el Consorcio Gallego de servicios de Igualdad y Bienestar. Emaús, como entidad promotora del proyecto, asumió el reto de identificar un nuevo marco conceptual de referencia, el Modelo INclúe, que redefina las claves de una atención de calidad para todas las entidades público-privadas que intervienen en el ámbito de la inclusión social. Estas claves fueron identificadas y definidas conjuntamente entre las entidades socias, las entidades colaboradoras y personas afectadas por situaciones de exclusión social (a través de reuniones de trabajo participativo). Entre los resultados de este trabajo pueden destacarse dos publicaciones: Modelo INclúe, donde se analiza la fundamentación teórica de las claves para una atención de calidad y El Manual INclúe, dirigido a profesionales de entidades públicas y privadas que trabajen por inclusión social. Paralelamente se ha diseñado una herramienta informática (http://valoracion.emausinclue.com/inclue.zip) que permite la valoración técnica y objetiva de diferentes grados de exclusión social, susceptible de ser aplicada por las entidades públicas y privadas que operan en el ámbito de la inclusión social en Galicia, y que puede ser replicable en otras comunidades autónomas.
Artigo publicado na revista Fervenzas 19 dentro da Sección Artigo