Revista Fervenzas

Descrición

A Revista Galega de Traballo Social: Fervenzas, edítase dende o ano 1997 coa misión principal de seguir dándolle voz a todas e todos os profesionais do Traballo Social. É unha revista cuxo valor engadido, é sen dúbida a multitude de temas tratados, ademais, dende diferentes niveis de análise, artigos dende a praxe profesional, investigacións, entrevistas, recensións bibliográficas e artigos sobre diferentes entidades da nosa contorna galega.

Fervenzas é unha revista galega de Traballo Social que acepta, para a súa difusión, traballos orixinais e inéditos de interese para a disciplina e para esta profesión en Galicia, con outro obxectivo primordial, conservar a nosa cultura a través da edición en galego.

Ficha Técnica

Título: Revista Galega de Traballo Social “Fervenzas”

ISSN: 1698-5087

ISSN electrónico: 2254-7657

Ano de inicio da publicación: Decembro 1997

Periodicidade:  Anual

Correo-e: fervenzas@traballosocial.gal

Editor: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Seccións que atoparás nesta revista

Fervenzas

ARTIGOS

Investigacións, experiencias profesionais, análises teóricas, metodolóxicas e técnicas, etc.

Fervenzas

EN REDE

Presentación descritiva dun equipamento, programa, servizo, asociación, etc.

Fervenzas

ENTREVISTA

Entrevista a persoeiros de especial interese para o Traballo Social.

Fervenzas

RECENSIÓNS DE PUBLICACIÓNS

Comprende comentarios e opinións críticas de libros, revistas, coleccións editoriais… En definitiva, de calquera fonte documental de interese para o Traballo Social

Fervenzas

ESPAZO ABERTO

Comentarios de documentais, filmes, páxinas web, noticias de especial interese para o Traballo Social, etc.

Fervenzas

INVESTIGACIÓN SOCIAL

Comprende investigacións arredor de temáticas actuais de gran interese para a profesión

Fervenzas

TESES ou TESIÑAS

Inclúe un resumo extenso de teses que serven de punto de referencia profesional ademais de ser unha guía para futuras novas investigacións.

Contacto

Aquí podes subscribirte para recibir un aviso cando se publique un novo número de Fervenzas de forma totalmente gratuíta.

Condicións de privacidade

13 + 7 =

Contacto

Rúa Dublín 6, baixo (Fontiñas)
Santiago de Compostela,
A Coruña
981 568 100
fervenzas@traballosocial.gal