Calidade da vida laboral nos servizos sociais e prevención de riscos laborais
Autoría: Isabel Piñeiro Portela
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Calidade de vida laboral. Riscos laborais. Prevención. Servizos sociais comunitarios. Factores psicosociais.

Resumo

Este traballo pretende reflexionar sobre a calidade de vida laboral dos/as traballadores/as sociais nos servizos sociais comunitarios, tendo en conta o alto risco de afectación da saúde dos profesionais ante a exposición a factores psicosociais que inciden na aparición de riscos laborais. O actual modelo xestor imperante en servizos sociais para a consecución do estado de benestar leva os/as traballadores/as sociais a unha actividade laboral onde parecen primar as necesidades da poboación susceptible de atención e a institución, e o benestar do profesional queda relegado. Se esta profesión se dedica ao coidado do usuario e a alcanzar o benestar, non resulta difícil caer na seguinte reflexión: quen coida o/a que coida? Os/as profesionais do traballo social están expostos a presións internas por parte da institución, así como externas polo seu labor coa poboación, o que repercutirá no seu benestar psicolóxico e físico, o que afecta os/as usuarios/as e a propia institución. A entidade como o/a profesional, deben ser conscientes dos riscos derivados do exercicio profesional, tendo en conta a especial casuística do traballo social e mobilizar as medidas preventivas oportunas. A satisfacción laboral supón unha cuestión de saúde pública pola súa incidencia no/a traballador/ a social e na propia cidadanía.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 23 dentro da Sección Artigo dentro da Sección seccions