Colexio Benquerer. Proxecto de educación afectivo sexual para 5º e 6º de primaria. Comunidade autónoma de Galicia
Autoría: Diana Rodríguez Losada
Datos profesionais: Traballadora Social
Email: diana.r.losadaa@gmail.com
Palabras chave: Prevención, educación afectivo sexual, infancia.

Resumo

O proxecto “Colexio do Benquerer” pretende achegar a educación afectivo sexual ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios galegos por medio de actividades e material audiovisual que responda aos intereses e demandas propios desta idade, profundando nas súas inquedanzas e tamén nos cambios tanto físicos como psicolóxicos, cognitivos e relacionais que acontecen nesta etapa. Para isto creouse un colexio ficticio nunha plataforma interactiva a través da cal os nenos e nenas achéganse aos diferentes contidos dende unha óptica de bo trato, respecto, confianza e pensamento crítico, tendo de marco de referencia a educación emocional e a coeducación. Preténdese con isto promover o Benquerer, non soamente como nome, senón como concepto: querer ben, con confianza, en igualdade, con liberdade e con respecto. Nas actividades do proxecto proponse unha abordaxe integral para chegar a este fin, estruturada en cinco áreas: - - - - - Coñecemento e aceptación persoal Diversidade Comunicación e educación emocional Prevención do abuso sexual infantil Análise social As actividades realízanse nos centros educativos guiadas por profesorado do mesmo. Todas as indicacións para as mesmas, así como un amplo material complementario, bibliografía e filmografía de referencia están dispoñibles online para os colexios implicados.

Resumen

El proyecto “Colegio del Bienquerer” pretender acercar la educación afectivo sexual al alumnado de 5º y 6º de Primaria de los colegios gallegos por medio de actividades y material audiovosual que responda a los intereses y demandas propios de esta edad, profundizando en sus inquietudes y también en los cambios tanto físicos como psicológicos, cognitivos y relacionales que ocurren en esta etapa. Para esto se ha creado un colegio ficticio en una plataforma interactiva a través de la cual los niños y niñas se acercan a los diferentes contenidos desde una óptica de buen trato, respeto, confianza y pensamiento crítico, teniendo de marco de referencia la educación emocional y la coeducación. Se pretende con esto promover el Bienquerer, no solamente como nombre, sino como concepto: querer bien, con confianza, en igualdad, con libertad y con respeto. En las actividades del proyecto se propone un abordaje integral para llegar a este fin, estructurado en cinco áreas: - - - - - Conocimiento personal y aceptación Diversidad Comunicación y educación emocional Prevención del abuso sexual infantil Análisis social Las actividades se realizan en los centros educativos guiadas por profesorado del mismo. Todas las indicaciones para las mismas, así como un amplio material complementario, bibliografía y filmografía de referencia están disponibles online para los colegios implicados.
Artigo publicado na revista Fervenzas 28 dentro da Sección Artigo dentro da Sección Premio Día Mundial do Traballo Social