Traballo Social en Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Primeiro manual especializado en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas
Autoría: Ana María Agís Mariño, Ángela Espasandín González, Carmen Fernández Grandío, Lucía Fandiño Viqueira, Lucía Ruanova Domínguez, María Teresa Castro Gamallo, Manuel Caraballedo López, Carmen Patricia Gómez Lamas, Romina Ferral García
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Demencia, envellecemento, recursos, servizos e terapia.

Resumo

A idade é o principal factor de aparición dalgunha demencia. Co aumento da esperanza de vida, o número de persoas con demencia tamén se está vendo incrementado, e con eles, o número de persoas coidadoras non profesionais. A creación dun manual especializado en traballo social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas nace a raíz da demanda de información deste tipo de coidadores, maioritariamente residentes no rural e que non contan con servizos de proximidade adecuados. Como resultado do traballo conxunto dos profesionais de traballo social durante máis de 20 anos de experiencia, naceu este documento que unifica criterios de traballo co fin de achegar información e orientación en materia de demencias a todas as persoas coidadoras así como servir de referencia para outros profesionais da área en relación a metodoloxía de traballo.

Resumen

La edad es el principal factor de aparición de alguna demencia. Con el aumento de la esperanza de vida, el número de personas con demencia también se está viendo incrementado, y con ello, el número de personas cuidadoras no profesionales. La creación de un manual especializado en trabajo social en alzhéimer y otras demencia neurodegenerativas nace a raíz de la demencia de información de este tipo de cuidadores, mayoritariamente residentes en el rural y que no cuentan con servicios de proximidad adecuados. Como resultado del trabajo conjunto de los profesionales del trabajo social durante más de 20 años de experiencia, nació este documento que unifica criterios de trabajo con el fin de acercar información y orientación en materia de demencias a todas las personas cuidadoras así como servir de referencia para otros profesionales del área en relación a la metología de trabajo.
Artigo publicado na revista Fervenzas 21 dentro da Sección Artigo