Traballo social e poder. Unha aproximación foucaultiana
Autoría: Zeltia Cerviño Rodríguez
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Discurso, limiares de modernidade, microfísica do poder, traballo social e poder, relacións usuario e profesional, traballo social e discurso
Resumo
Ao longo do presente traballo fin de grao preténdese reflexionar sobre o poder na profesión do traballo social, mediante o percorrido metodolóxico trazado por Foucault para desenvolver a súa analítica do poder. Para este propósito examinaranse unha serie de observacións metodolóxicas seleccionadas polo propio autor, en textos como Microfísica do poder, A vontade de saber, Vixiar e Castigar y A orde do discurso entre outras. As preocupacións do método que se desenvolven nas súas obras, son concepcións do poder que rexeitan a terminoloxía negativa e represiva do termo. O poder debe ser considerado como unha rede produtiva que atravesa todo o corpo social máis que como unha instancia negativa que ten como única función reprimir. Ao reflexionar sobre as cuestións que expón Foucault, verase o seu interese por descifrar a mecánica do poder, os efectos que crea e o poder do discurso como ferramenta deste, en suma: a relación triangular entre poder, verdade e discurso.
Resumen
Artigo publicado na revista Fervenzas 23 dentro da Sección Artigo dentro da Sección seccions