Servizo de atención psicosocial urxente Covid-19
Autoría: Noela Lorenzo Gallego; Montserrat Rosales; Iria Camba; Tania García
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Confinamento, emerxencia social, protección psicosocial, rede comunitaria, Covid-19.

Resumo

A extraordinaria situación vivida en España dende marzo de 2020, derivada da pandemia polo virus SARS-CoV-2, comporta a implantación de estratexias fronte á terrible situación de emerxencia sanitaria que estaba a acontecer na nosa contorna, e da que toda a cidadanía estabamos a ser partícipes, dende as diferentes administracións, terceiro sector e sociedade en xeral. Ante a ausencia de medidas e directrices claras dende outras instancias, e dentro da esquecida Acción Social como garante da protección das persoas e da saúde (modelo biopsicosocial), o Concello de Vilagarcía de Arousa lidera no seu ámbito municipal a creación dunha rede comunitaria, recursos e accións destinadas á inclusión social, á promoción e prevención da saúde, ao afrontamento psicosocial e emocional...; en definitiva, a garantir a igualdade de oportunidades, a protección social, a cohesión social e a saúde da comunidade e, en especial, daquelas persoas en situación de vulnerabilidade ou maior risco de desprotección. A posta en marcha do Servizo de Atención Psicosocial de Urxencia Covid-19 e o Plan de protección e prevención comunitaria constitúe un exemplo de actuación inmediata, próxima, garantista, responsable, solidaria, integral e comunitaria, que parte dos principios éticos e deontolóxicos da intervención social e constrúe unha rede comunitaria de actuacións e recursos coordinados e participativos; semente para maiores sinerxías que permitan a consecución dos obxectivos dos servizos sociais: o benestar da cidadanía.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 24 dentro da Sección Artigo