Relatos de mulleres inmigrantes musulmás: análise do proceso migratorio a través das súas propias subxectividades
Autoría: Jennifer Santín Vivero
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Migración, feminismos islámicos, xénero, islamofobia

Resumo

A segunda ondada do feminismo influíu no feito de que os estudos migratorios se centrasen no papel que xogan as mulleres ao longo destes, abandonando a visión androcentrista que consideraba ao home como único obxecto de estudo e suxeito activo da migración. As mulleres inmigrantes enfróntanse a situacións de múltiple discriminación pola súa condición de migrantes e pola súa diferente cultura e/ou relixión, factores que viran de maneira transversal ao redor do concepto de xénero, onde a relixión musulmá se enfronta nos nosos días a unha das maiores formas de racismo, a islamofobia. O obxectivo principal desta investigación, baixo unha perspectiva feminista e interseccional, é a de analizar o proceso migratorio de tres mulleres musulmás, procedentes de Marrocos, Togo e Alxeria; para a cal se utilizou o método de historia de vida, en concreto o modelo temático. Tamén se presentan os resultados froito dunha das actividades do encontro de mulleres musulmás organizado por SOS racismo Galicia na Coruña. Os resultados reflicten que os procesos migratorios son diversos, así como as súas protagonistas; por outra banda fanse visibles as vivencias de discriminación que comparten as mulleres inmigrantes no país de destino e a necesidade de promover a interculturalidade como base política e social.

Resumen

La segunda oleada del feminismo influyó en el hecho de que los estudios migratorios se centraran en el papel que juegan las mujeres a lo largo de estos, abandonando la visión androcentrista que consideraba al hombre como único objeto de estudio y sujeto activo de la migración. Las mujeres inmigrantes se enfrentan a situaciones de múltiple discriminación por su condición de migrantes y por su diferente cultura y/o religión, factores que giran de manera transversal alrededor del concepto de género, donde la religión musulmana se enfrenta en nuestros días a una de las mayores formas de racismo, la islamofobia. El objetivo principal de esta investigación, bajo una perspectiva feminista e interseccional, es la de analizar el proceso migratorio de tres mujeres musulmanas, procedentes de Marruecos, Togo y Argelia; para la cual se utilizó el método de historia de vida, en concreto el modelo temático. También se presentan los resultados fruto de una de las actividades del encuentro de mujeres musulmanas organizado por SOS Racismo en A Coruña. Los resultados reflejan que los procesos migratorios son diversos, así como sus protagonistas; por otra parte se hacen visibles las vivencias de discriminación que comparten las mujeres inmigrantes en el país de destino y la necesidad de promover la interculturalidad como base política y social.
Artigo publicado na revista Fervenzas 21 dentro da Sección Artigo