Persoas trans. Unha realidade oprimida. Investigación cualitativa en traballo social
Autoría: Iago Aperador
Datos profesionais:
Email: emaildoautor@email.com
Palabras chave: Trans, Trabajo Social, inclusión, Teoría Queer, dificultades.
Resumo
O colectivo trans foi duramente vilipendiado socialmente ao longo da súa historia. Con todo, esta realidade ademais de oprimida está invisibilizada. Por esa razón, ao longo do presente informe preténdese darlles voz ás protagonistas desta historia de loita e superación constante. Por tanto, o obxectivo principal polo que xorde esta investigación nace da necesidade de analizar a visión dos procesos vitais experimentados polas persoas trans desde un punto de vista crítico e interseccional. Desta maneira, e tendo a disciplina do Traballo Social como alicerce, preténdense buscar alternativas que promovan a plena inclusión deste colectivo na sociedade. Mediante a metodoloxía cualitativa, concretamente partindo dun paradigma crítico e da Teoría Queer, e seguindo a técnica dos relatos de vida, foron entrevistadas catro persoas trans para estudar as súas múltiples realidades pois, aínda que distan entre si, todas elas teñen un eixe común: a súa identidade de xénero. Os resultados máis destacados da presente investigación son, esencialmente, que as vivencias das persoas trans están infestadas de dificultades relacionadas directamente co sistema cisnormativo e, por conseguinte, o Traballo Social debe servir de salvoconduto para paliar esta situación de desigualdade e inxustiza social.
Resumen
Artigo publicado na revista Fervenzas 24 dentro da Sección Artigo