Perfiles de calidade de vida das persoas maiores dependentes usuarias de centros de día
Autoría: Luz A. Magaña Terrón.
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: calidade de vida, envellecemento da poboación, sector da saúde e servizos sociais.

Resumo

O fenómeno do Envellecemento que ten lugar en todo o mundo trouxo como unha das súas consecuencias fundamentais a preocupación polo estudo da calidade de vida das persoas maiores e dos factores que están relacionados con ela, especialmente a saúde e a autonomía funcional. Para estudar a calidade de vida empregamos unha mostra de 181 persoas maiores asistentes a centros de día de diversas comarcas da provincia de A Coruña, aos que se lles aplicou o CUBRECAVI. Para o tratamento dos datos realizamos unha análise de conglomerados (método quick cluster analysis), cos obxectivos de establecer os perfiles de calidade de vida destas persoas maiores e de analizar a relación entre calidade de vida e saúde (física e mental) e a autonomía funcional destas persoas, xa que envellecer conleva en moitos casos limitacións de saúde e de capacidades funcionais, así como unha maior necesidade de atención e coidado. Os nosos resultados permítennos afirmar que as persoas maiores cunha mellor saúde física e psíquica así como cunha mellor autonomía funcional presentan uns mellores niveis de calidade de vida. Así mesmo, estes resultados poñen de manifesto que os centros de día son un relevante recurso para a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 22 dentro da Sección Investigacion