O practicum de alumnado de traballo social en dispositivos sanitarios: investigación empirica e proposta para unha guía específica de practicum
Autoría: Mª José Vázquez Vázquez.
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Traballo social, saúde, prácticum, guía-manual.

Resumo

A importancia do practicum na formación dos futuros profesionais de traballo social está avalada tanto pola bibliografía especializada, como polo seu peso significativo como parte específica en todo o percorrido feito pola formación na disciplina, tralas diferentes reformas e coa súa incorporación ao Espazo Europeo de Educación Superior. O ámbito da saúde é un dos destinos elixidos por varias decenas de alumnos e alumnas, cada ano académico, para desenvolver as súas prácticas formativas. A súa especificidade require dunha formación previa que os aproxime á realidade do traballo social sanitario. Deste xeito, o labor de tutela verase reforzada se os/as profesionais titores contan cunha guía-manual que lles permita ir avanzando neste proceso de aprendizaxe teorico-práctica. Este traballo presenta unha investigación realizada para coñecer a opinión dos distintos axentes implicados no practicum do Grao de traballo social das Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo (alumnos/as, titores/as externos/as e supervisores-coordinadores académicos) respecto aos coñecementos e formación específicos dos primeiros en relación ao ámbito e institucións do Servizo Galego de Saúde, así como das posibles estratexias de mellora. Asemade, proponse un instrumento en formato Guíamanual, que busca mellorar a calidade do practicum do alumnado de Traballo social nos dispositivos do Servizo Galego de Saúde, un instrumento que sexa válido tanto para os/as titores/as externos/as, como para o alumnado.

Resumen

La importancia del practicum en la formación de los futuros profesionales de Trabajo social está avalada tanto por la bibliografía especializada, como por su peso significativo como parte específica en todo el recorrido hecho por la formación en la disciplina, tras las diferentes reformas y con su incorporación al Espacio Europeo de Educación Superior.El ámbito de la salud es uno de los destinos elegidos por varias decenas de alumnos y alumnas, cada año académico, para desarrollar sus prácticas formativas. Su especificidad requiere de una formación previa que los aproxime a la realidad del trabajo social sanitario. De esta forma, el trabajo de tutorización se verá reforzado si los/las profesionales tutores/as cuentan con una guía-manual que les permita ir avanzando en este proceso de aprendizaje teórico-práctica. Este trabajo presenta una investigación realizada para conocer la opinión de los distintos agentes implicados en el practicum del Grado de trabajo social de las Universidades de Santiago de Compostela y de Vigo (alumnos/as, tutores/as externos/as y supervisores-coordinadores académicos) respecto a los conocimientos y formación específicos de los primeros en relación al ámbito e instituciones del Servicio Gallego de Salud, así como de las posibles estrategias de mejora. Simultáneamente se propone un instrumento en formato Guía-manual, que busca mejorar la calidad del practicum del alumnado de Trabajo social en los dispositivos del Servicio Gallego de Salud, un instrumento que sea válido tanto para los/las tutores/as externos/as, como para el alumnado.
Artigo publicado na revista Fervenzas 2001 dentro da Sección Artigo