O coidado das persoas maiores na provincia de lugo. A pequena escala
Autoría: Sagrario Fernández Méndez
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Coidados, maiores, comunidade, vivenda, vínculos

Resumo

Os coidados son fundamentais para soster a vida, pois todas as persoas pasamos por fases de vulnerabilidade nas que non poderiamos sobrevivir sen coidados. A noción de “ética do coidado” acuñada por Carol Gilligan (1982) experimentou unha presenza crecente nos campos da bioética e ata no pensamento filosófico que se plasma, por exemplo, na creación en 2008 da revista especializada Ética dos coidados. Ademais dunha dimensión ligada á supervivencia individual, a prestación de coidados xoga un papel esencial na ordenación e estruturación da sociedade. Diversas circunstancias —aumento da esperanza de vida, caída da natalidade, emigración de poboación nova— confluíron para producir no noso contexto un cambio claro na estrutura da poboación, cun incremento notable da poboación maior. A iso súmanse novas estruturas e dinámicas afastadas da cultura dos coidados. A lóxica mercantilista que rexe a prestación dos coidados dálle prioridade ao beneficio económico e supedita a el a calidade da vida das persoas ou a equidade de xénero. A planificación dos servizos debe facerse dun modo contextualizado. Por esta razón, neste traballo escóllese un contexto xeográfico preciso, a provincia de Lugo. Tras a análise exhaustiva dos recursos existentes dirixidos ás persoas maiores avalíase a situación e propóñense estratexias que permitan asentar un novo modelo de coidados baseado na proximidade e socialización dos mesmos.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 24 dentro da Sección Artigo