Necesidades sociais da poboación da zona rural norte. Visión dende o traballo social
Autoría: Rosa Ana Baleirón Baamonde
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave:

Resumo

O motivo desta investigación foi o afán de facer un estudo sobre as necesidades sociais que presenta a poboación que vivía na zona Rural Norte do concello de Santiago de Compostela no ano 2015, dende a visión e perspectiva do Traballo Social. Para facer este estudo fíxose unha comparativa entre as intervencións realizadas e rexistradas cos usuarios de servizos sociais, e os recursos cos que contan os mesmos en dita zona, xa ben sexan de carácter social (asociacións, centros socioculturais), como sanitario ou educativo (centros de saúde, colexios). Ademais tívose en conta a perspectiva e opinión de diversos informantes clave (persoas que teñen ou tiveron unha implicación real e activa na zona) sobre as necesidades e os recursos desta. A importancia deste informe para o traballo social é ben sinxela; é primordial para ofrecer unha resposta efectiva, localizar e detectar as características e carencias da poboación coa que se vai tratar. Ademais da poboación en si, tamén se debe ter claro cales son os recursos sociais cos que conta a zona, para poder aproveitalos mellor ou crealos se non existen.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 24 dentro da Sección Artigo