Mediación intercultural para a resolución de conflitos no ámbito sanitario
Autoría: Andrea Blanco Lodeiro
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Traballo social, saúde, migración, conflito, mediación

Resumo

A chegada de inmigrantes de países con distintas culturas presenta retos na sociedade receptora. A mediación intercultural xorde pola chegada de inmigrantes na ultima década e a necesidade de entendemento entre as diferentes culturas e a sociedade autóctona para favorecer una sociedade multicultural. O obxectivo deste traballo é facer unha reflexión sobre a mediación intercultural en saúde. Entre as barreiras que se atopan no contexto da mediación intercultural encóntrase a dificultade na interpretación, que non exista formación conxunta de mediadores e axentes de saúde, a carga psicolóxica e unha formación non estandarizada. O escaso recoñecemento por parte dos profesionais sanitarios e o gasto económico que supón a introdución dunha nova figura profesional da lugar a que non se vexan os efectos positivos que provocan os mediadores interculturais nos sistemas sanitarios de saúde.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 23 dentro da Sección Artigo