Impacto da pandemia na biografía das e dos profesionais da protección á infancia e mocidade de Galicia. Tocadas/os: A flote ou a fondo
Autoría: Noelia García Ferreiro
Datos profesionais:
Email: noeliagarciaferreiro@gmail.com
Palabras chave:

Resumo

Este estudo procura identificar o impacto da primeira pandemia do século XXI na biografía das/ os traballadoras/es sociais da protección á infancia e mocidade, atendendo as implicacións para homes e mulleres nunha profesión altamente feminizada, e tamén as dificultades laborais e persoais máis significativas tanto antes como tras a pandemia. Ademais pretende descubrir as estratexias coas que contan para afrontar a situación sociolaboral e a procedencia dos posibles apoios. A mostra compúxose por sete traballadores/as sociais, cinco mulleres e dous homes de distintos recursos do sistema de protección. Na investigación de tipo cualitativo empregouse como instrumento para a recollida dos datos a entrevista semiestruturada, Os resultados reflicten un impacto significativo da pandemia que vén a incrementar as dificultades coas que xa contaban, aspectos tanto vinculados a feminización, a precariedade laboral coma o desgaste profesional. Á vista dos resultados constátase a necesidade de implementar accións cara á ética do coidado e así resituar os patróns de coidado impostos dende o patriarcado. Así como tamén, a necesidade de atender á formación e implementación de estratexias de autocoidado individual e colectivo na práctica do TS nesta área.

Resumen

Este estudio pretende identificar el impacto de la primera pandemia del siglo XXI en la biografía de las/os trabajadoras/es sociales de protección a la infancia y juventud. Se abordan las implicaciones que tiene una profesión altamente feminizada, las dificultades laborales y personales más significativas antes y tras la aparición de la pandemia. Además, pretende descubrir las estrategias con las que cuentan para afrontar la situación sociolaboral y la procedencia de posibles apoyos. La muestra se compone por 7 trabajadores/as sociales, cinco mujeres y dos hombres de distintos recursos del sistema de protección. En la investigación de tipo cualitativo se utilizó la entrevista semiestructurada como instrumento para la recogida de datos a través de los cuales explicaron su situación. Los resultados muestran un impacto significativo de la pandemia que incrementa las dificultades anteriores, en aspectos tanto relacionados con la feminización, la precariedad laboral como el desgaste profesional. Por lo tanto, se constata la necesidad de implementar acciones hacia la ética del cuidado, para resituar los patrones de cuidado impuestos desde el patriarcado y también la necesidad de formación e implementación de estrategias de autocuidado individual y colectivo en la práctica profesional del Trabajo Social en esta área.
Artigo publicado na revista Fervenzas 26 dentro da Sección Artigo dentro da Sección Premio Día Mundial do Traballo Social