Imaxinario das traballadoras sociais do concello de Santiago de Compostela. Unha análise cualitativa dende a perspectiva de xénero
Autoría: Antia Eijo Mejuto
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Traballo social, xénero, profesión, imaxinario, servizos sociais comunitarios.

Resumo

O traballo social nace como unha profesión feminizada froito da profesionalización das actividades de asistencia e coidado asignadas ás mulleres en base á división sexual do traballo. Non obstante, como profesión nacida na cultura de xénero feminina, enfróntase a unha concepción androcéntrica da realidade, o que non só trae consigo a invisibilización da súa dimensión de xénero, senón tamén das consecuencias que desta se derivan. Fronte a isto, efectuouse unha análise do imaxinario das profesionais do Concello de Santiago de Compostela sobre a profesión do traballo social, con base nunha metodoloxía cualitativa e dende unha perspectiva de xénero. Así, amosouse a influencia desta en determinados aspectos clave para a construción profesional que van dende o nivel máis persoal das profesionais, amosándose a socialización de xénero como un factor condicionante na elección de estudos de traballo social, ata o nivel máis amplo, o status da profesión, onde a desvalorización e invisibilización desta se amosaron como cuestións intimamente ligadas á feminización.

Resumen

El trabajo social nace como una profesión femenina, fruto de la profesionalización de las actividades de asistencia y cuidado asignados a las mujeres en base a la división sexual del trabajo. Sin embargo, como profesión nacida en el seno de una cultura de género femenina, se enfrenta a una concepción androcéntrica de la realidad, lo que no solo trae consigo la invisibilización de su dimensión de género, sino también de las consecuencias que de esta se derivan. Frente a esto, se efectúa un analisis del imaginario de las profesionales del Ayuntamiento de Santiago de Compostela sobre la profesión del trabajo social en base a una metodología cualitativa y desde una perspectiva de género. Así, se muestra una influencia de esta en determinados aspectos clave para la construcción profesional, que van desde el nivel más personal de las profesionales, mostrándose la socialización de género como un factor condicionante en la elección de estudios, hasta el nivel más amplio, el status de la profesión, donde la desvalorización e invisibilización de la misma se mostraron como cuestiones intimamente ligadas a la feminización.
Artigo publicado na revista Fervenzas 22 dentro da Sección Artigo dentro da Sección seccions