Funcións e tarefas do/a profesional do traballo social nun servizo de atención primaria de saúde. Análise, valoración e propostas de mellora da praxe en traballo social
Autoría: Cristina Pereiro Francisco
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Saúde. Social. Traballo Social en Saúde.

Resumo

Un dos campos de maior demanda que ocupa o profesional do traballo social é o sector sanitario, onde o seu labor é intervir con individuos, familias e comunidades. O obxectivo deste traballo consiste, través dunha revisión bibliográfica e normativa, en determinar as orixes do traballo social sanitario e diferencialo doutros ámbitos de intervención e desenvolver as funcións que realizan os profesionais do traballo social no campo da saúde e mais en concreto no nivel da atención primaria. Queremos destacar a función que o profesional do traballo social ten no sistema de saúde e cara aos profesionais que nel exercen as súas funcións, para facerlles tomar conciencia que a atención aos factores psicosociais e o tratamento dos problemas psicosociais é unha esixencia básica da atención integral en saúde.

Resumen

Uno de los campos de mayor demanda que ocupa el profesional del trabajo social es el sector sanitario, donde su labor es intervenir con individuos, familias y comunidades. El objetivo de este trabajo consiste, a través de una revisión bibliográfica y normativa, en determinar los orígenes del trabajo social sanitario y diferenciarlo de otros ámbitos de intervención, desarrollar las funciones que realizan los profesionales del trabajo social en el campo de la salud y mas en concreto en el nivel de la atención primaria. Queremos destacar la función que el profesional del trabajo social tiene en el sistema de salud y cara a los profesionales que en él ejercen sus funciones, para hacerles tomar conciencia que la atención a los factores psicosociales y el tratamiento de los problemas psicosociales es una exigencia básica de la atención integral en salud.
Artigo publicado na revista Fervenzas 21 dentro da Sección Artigo