Cooperación público/privada dende o Traballo Social no sistema de saúde «Construíndo pontes, derrubando muros»
Autoría: M.ª Belén Piñeiro Bóveda
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Coordinación, espazo socio sanitario, colaboración pública/privada
Resumo
Este artigo, trata de facer unha breve exposición dunha serie de convenios de colaboración que dende a EOXI de Ourense se formalizaron con diversas entidades e fundacións que están a desenvolver o seu labor na provincia de Ourense. A finalidade destes é a de lle dar resposta á necesidade de atención sociosanitaria dos pacientes hospitalizados, así como a de crear un sistema máis áxil e operativo que garanta unha resposta e unha atención a algunhas situacións que dende o servizo de traballo social se consideraban de atención urxente e que, polo tanto, non podían esperar os prazos prolongados cos que se está a funcionar desde outras administracións. Os programas que se presentan supoñen exemplos de coordinación sociosanitaria e de colaboración entre o sector público e privado. Non pretenden substituír as prestacións de dereito que en cada caso procedan, senón crear dispositivos de tránsito con carácter temporal e complementario.
Resumen
Artigo publicado na revista Fervenzas 2002 dentro da Sección Artigo