CoidarNos: Programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia
Autoría: Ana Anta Fernández; Yolanda Neira Cristobo
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Grupo de apoio, persoas coidadoras, Boqueixón

Resumo

CoidarNos é un grupo de apoio para persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia, que nace como unha rede de apoio formal enmarcada dentro das actuacións da área de servizos sociais e igualdade do Concello de Boqueixón (A Coruña). A finalidade deste é, a través da intervención grupal, paliar os síntomas da Síndrome da Persoa Coidadora, un estado de esgotamento mental e físico que afecta a aquelas persoas que exercen o rol de coidadoras de xeito continuado.A intervención desenvolvida abarca diversas áreas: o manexo das emocións, a adquisición de coñecementos e ferramentas para a mellora da comunicación e da prestación de coidados, o fomento da realización de exercicio físico e do contacto coa natureza e a preparación e afrontamento do proceso de dó.CoidarNos pon o foco de atención nas persoas coidadoras, creando un espazo único no que compartir sentimentos e vivencias é a estratexia básica para o cambio.

Resumen

CoidarNos es un grupo de apoyo para personas cuidadoras de familiares en situación de dependencia, que nace como una red de apoyo formal enmar-cada dentro de las actuaciones del área de servicios sociales e igualdad del Ayuntamiento de Boqueixón (A Coruña). La finalidad es, a través de la inter-vención grupal, paliar los síntomas del Síndrome de la Persona Cuidadora, un estado de agotamiento mental y físico que afecta a aquellas personas que ejercen el rol de cuidadoras de forma continuada.La intervención llevada a cabo abarca diversas áreas: el manejo de emo-ciones, la adquisición de cono cimientos y herramientas para mejorar la comunicación y la prestación de cuidados, el fomento de la realización de ejercicio físico y de contacto con la naturaleza y la preparación y afronta-miento del proceso de duelo.CoidarNos pone el foco de atención en las personas cuidadoras creando un espacio único en el que compartir sentimientos y vivencias es la estrate-gia básica para el cambio.
Artigo publicado na revista Fervenzas 22 dentro da Sección Artigo