Asociación para a prevención da exclusión social (APES).
Autoría: Mª Inmaculada Victorino
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave:

Resumo

APES naceu no ano 2008 para atender unha problemática moi concreta relacionada coas persoas reclusas do centro penal de Ourense. Dende entón o camiño percorrido levounos a investigar máis a fondo sobre os factores que inflúen para que unha persoa acabe en prisión e así nos atopamos en 2012 pensando no que podíamos facer e como se podía afrontar a delincuencia. A prevención converteuse na razón de ser desta asociación e iniciamos unha andadura que non deixa a un lado a atención e o acompañamento ás persoas reclusas, centrándonos en evitar a súa recaída no delito. Previr os comportamentos que poden derivar en actos delituosos pasa a ser a prioridade das nosas accións, levando a cabo o traballo desde unha visión socioeducativa que fomenta a participación da comunidade. Consolidamos varios eixes de intervención, todos eles para lograr o obxectivo de previr a delincuencia; son a inclusión social de colectivos vulnerables, especialmente de persoas reclusas; o ámbito da infancia e a xuventude e o emprego.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 19 dentro da Sección En_rede