Aproximación ao servizo de rehabilitación do hospital Meixoeiro no Chuvi. Perfil dos pacientes e intervención dende o servizo de Traballo Social Sanitario
Autoría: Alejandro Guerra Rivas
Datos profesionais: Traballador social
Email: Alejandro.guerra.rivas@sergas.es
Palabras chave: Traballo social sanitario, dano cerebral, rehabilitación, intervención social e autonomía funcional.

Resumo

O servizo de traballo social intervén para analizar e valorar a situación social dos/as pacientes. Elabora e organiza plans de coidado á persoa enferma trala alta hospitalaria, asesorando ao paciente e á unidade familiar sobre os servizos e recursos existentes programando o seu retorno ao domicilio. Debe elaborar un diagnóstico social e deseñar un plan de intervención, coordinando o apoio que pode recibir a persoa proveniente da súa rede social, coa adquisición de servizos e os recursos que complementan ditos apoios non profesionalizados, garantindo que a persoa estea atendida trala alta hospitalaria. No artigo, analízase o perfil dos/as pacientes hospitalizados/as no servizo de rehabilitación, así como coñecer a intervención do traballador/a social dentro do equipo asistencial para preparar o retorno dos pacientes ao domicilio.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 27 dentro da Sección Artigo