Abusos sexuais na infancia. Unha investigación cualitativa a través da experiencia das vítimas
Autoría: María Socorro Rúa Rodríguez
Datos profesionais:
Email: socoruarodriguez@gmail.com
Palabras chave:

Resumo

Os abusos sexuais na infancia (ASI) son un grave problema da nosa sociedade. Non son feitos illados senón un problema universal e complexo con consecuencias moi importantes a curto e longo prazo. Nas últimas décadas numerosas investigacións a nivel nacional e internacional favoreceron o avance no estudo deste problema e espértase unha maior sensibilidade social ao respecto. As/os profesionais do traballo social podemos achegar moito ante esta problemática, na prevención, detección precoz e ante a revelación do abuso, pero para iso resulta imprescindible unha formación especializada nesta materia. Consideramos de gran valía para espertar esta necesaria sensibilización a testemuña de cinco superviventes de ASI e coñecer a importante repercusión que este fenómeno tivo nas súas vidas, cunha análise da experiencia, das reaccións e consecuencias ante o abuso, así como das carencias de apoio social que experimentaron.

Resumen

Los abusos sexuales en la infancia (ASI) son un grave problema de nuestra sociedad. No son hechos aislados sino un problema universal y complejo con consecuencias muy importantes a corto y largo plazo. En las últimas décadas numerosas investigaciones a nivel nacional e internacional favorecieron el avance en el estudio de este problema despertándose una mayor sensibilidad social al respecto. Las/los profesionales del trabajo social podemos aportar mucho ante esta problemática, en la prevención, detección precoz y ante la revelación del abuso, pero para ello resulta imprescindible una formación especializada en esta materia. Consideramos de gran valía para despertar esta necesaria sensibilización el testimonio de cinco supervivientes de ASI y conocer la importante repercusión que este fenómeno tuvo en sus vidas, con un análisis de la experiencia, de las reacciones y consecuencias ante el abuso, así como de las carencias de apoyo social que experimentaron.
Artigo publicado na revista Fervenzas 26 dentro da Sección Artigo