A mediación escolar na educación primaria nos CEIP da Comarca de Allariz – Maceda
Autoría: Xesús Martínez Fernández
Datos profesionais:
Email: xesus.mtx@gmail.com
Palabras chave:

Resumo

Neste traballo de fin de mestrado propoñémonos facer unha aproximación á realidade da mediación e da convivencia escolar na etapa da educación primaria nun contexto territorial determinado. Para isto, o obxectivo desta investigación é analizar os conflitos existentes na educación primaria nos colexios de educación infantil e primaria (CEIP) da comarca Allariz-Maceda (Ourense), así como as estratexias para a súa prevención e resolución. En primeiro lugar, desenvolvemos un proceso de revisión documental sobre a parte normativa e teórica da temática obxecto de estudo, que nos serviu para crear as bases tanto conceptuais como metodolóxicas para elaborar a nosa investigación. Estudo que se desenvolve cunha metodoloxía cualitativa, e no cal participan os CEIP da comarca, así como as asociacións de familias do alumnado que hai nestes centros educativos. Unha vez elaborado un proceso de análise de datos, os principais resultados e conclusións mostran: que as persoas participantes perciben os conflitos nos centros educativos como fundamentalmente de carácter leve; percíbese unha escasa presenza de accións de mediación escolar; considérase necesario o deseño e implementación de programas de mediación, así como a creación de escolas de familias do alumnado; tamén resulta necesario a incorporación de profesionais da acción social nos equipos de orientación, entre outros aspectos para abordar a prevención e xestión de conflitos.

Resumen

En este Trabajo de Fin de Máster nos proponemos hacer una aproximación a la realidad de la mediación y de la convivencia escolar en la etapa de la Educación Primaria en un contexto territorial determinado. Para esto, el objetivo de esta investigación es analizar los conflictos existentes en la Educación Primaria en los Colegios de Educación Infantil y Primaria (CEIP) de la comarca Allariz-Maceda (Ourense), así como las estrategias para su prevención y resolución. En primer lugar, desarrollamos un proceso de revisión documental sobre la parte normativa y teórica de la temática objeto de estudio, que nos sirvió para crear las bases tanto conceptuales como metodológicas para elaborar nuestra investigación. Estudio que se desarrolla con una metodología cualitativa, y en el cual participan los CEIP de la comarca, así como las asociaciones de familias del alumnado que hay en estos centros educativos. Una vez elaborado un proceso de análisis de datos, los principales resultados y conclusiones muestran: que las personas participantes perciben los conflictos en los centros educativos como fundamentalmente de carácter leve; se percibe una escasa presencia de acciones de mediación escolar; se considera necesario el diseño e implementación de programas de mediación, así como la creación de escuelas de familias del alumnado; también resulta necesario la incorporación de profesionales de la acción social en los equipos de orientación, entre otros aspectos para abordar la prevención y gestión de conflictos.
Artigo publicado na revista Fervenzas 26 dentro da Sección Artigo dentro da Sección Premio Día Mundial do Traballo Social