Achegas sobre o colectivo de persoas xordas para unha intervención sociocultural en traballo social
Autoría: Leticia González Mosquera
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Comunidade xorda, lingua de signos, prácticas culturais, traballo social, colectivo de persoas xordas.

Resumo

O presente artigo presenta un extracto da investigación realizada a través dun traballo de campo etnográfico co colectivo de persoas xordas da Aso-ciación de Persoas Xordas de Ourense. A través do coñecemento das carac-terísticas da súa comunidade, da importancia dada ao valor da súa lingua, a lingua de signos, e dunha comprensión das súas prácticas culturais, é posible ofrecer unha guía de acción valiosa sobre as formas de ser do/a “outro/a” xordo/a como minoría lingüística e cultural. Esta “guía” como resultado final, pretende orientar a intervención profesional en traballo social co colectivo de persoas xordas dende unha perspectiva sociocultural en oposición a unha médica- rehabilitadora baseada nas nocións de minus-valía ou discapacidade.

Resumen

El presente artículo presenta un extracto de la investigación realizada a tra-vés de un trabajo de campo etnográfico con el colectivo de Personas Sordas de la Asociación de Personas Sordas de Ourese A través del conocimiento de las características de su comunidad, de la importancia dada al valor de su len-gua, la lengua de signos, y de una comprensión de sus prácticas culturales, es posible ofrecer una guía de acción valiosa sobre las formas de ser “del otro/a” sordo/a como minoría lingüística y cultural. Esta “guía” como resultado final, pretende orientar la intervención profesional en trabajo social con el colecti-vo de Personas Sordas desde una perspectiva sociocultural en oposición a una médica-rehabilitadora basada en las nociones de minusvalía o discapacidad.
Artigo publicado na revista Fervenzas 22 dentro da Sección Artigo