Violencia de xénero. Efectos na saúde das mulleres análise e atención profesional
Autoría: Xisela Santomil González
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Violencia de xénero, saúde, especialización, traballo social

Resumo

Este traballo pretende describir o concepto de violencia de xénero, os coñecementos sobre os efectos que produce na saúde da muller e relatar cales son as funcións das profesionais na atención ás vítimas, a súa coordinación e formación. Todo isto coa finalidade de evidenciar os obstáculos que se están a producir na súa xestión e, así, poder aplicar melloras na prevención e intervención. O deseño da investigación comprende, por unha parte, unha revisión sobre os aspectos teóricos da realidade social analizada; por outra, o capítulo das entrevistas ás profesionais de atención primaria dos centros de saúde e aquelas que se integran nos centros de Información á Muller e departamentos de Igualdade dos concellos. Os datos obtidos, divididos en tres categorías de análise, mostran que non existe un perfil concreto de vítima e o desacordo destas profesionais en categorizar temporalmente as consecuencias e repercusións sobre a saúde das mulleres. Así mesmo, apuntan a unha escaseza de persoal, ás dificultades na coordinación do persoal técnico dos diferentes sistemas, así como a unha necesidade de formación específica máis ampla. Polo tanto, xustifícase o incremento de persoal especializado nos recursos e servizos de apoio ás mulleres vítimas de violencia, especialmente, profesionais do traballo social.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 23 dentro da Sección Artigo dentro da Sección seccions