O modelo de intervención en traballo social empáticoemocional desde unha mirada sentí -pensante
Autoría: Emiliano A. Curbelo Hernández
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Traballo social, modelo de intervención, práctica profesional, empatía, emocionalidade.

Resumo

Numerosas cuestións epistémicas da disciplina do traballo social, entre outras, adoitan dimanar da sistematización da práctica profesional dos traballadores/ as sociais que, como adoita dicirse, están todos os días “nas trincheiras”, e posúen unha mochila cargada de multitude de vivencias emocionais e afectivas, así como de experiencias técnicas e profesionais que, por unha ou outra razón, non adoitan ser concretizadas en novas teorías e/ou modelos. Con respecto ao modelo de intervención en traballo social empático-emocional que se propón, entendo que constitúe unha viaxe compartida entre almas que promove e facilita unha capacidade resolutiva dos problemas e unha transformación das persoas1 e as súas circunstancias, que ten no amor 2 o seu alicerce reitor e base fundamental. O argumentado é produto de anos de experiencia na práctica profesional a pé de rúa xunto a unha ampla bagaxe docente e investigadora, pretende compartir o escrito como forma de socializar o coñecemento, a modo de simple proposta, deixa as portas abertas a novas achegas, maiores matizacións ou concretizacións e mesmo pode ser sometido a críticas construtivas. Das características do modelo empático-emocional desde unha mirada sentín-pensante, trata o presente manuscrito.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 23 dentro da Sección Artigo dentro da Sección seccions