As expresións teóricas do traballo social forense e as novas posibilidades da intervención social en e desde a xustiza de menores en España
Autoría: Emiliano A. Curbelo Hernández [1] ; Rubén Yusta Tirado [2]
Datos profesionais:
Email:
Palabras chave: Traballo social forense, ultramodernidade, Xustiza de Menores, paradigmas, intervención social, expresións prácticas, modelo centrado na persoa.

Resumo

A necesidade de dotar de novos paradigmas o traballo social forense en e desde a Xustiza de Menores co obxecto de lograr unha maior protección e preservación do interese superior do menor, deberíanos levar a reescribir outros esquemas explicativos teóricos e innovadoras expresións prácticas que conecten con esas novas concepcións dimensionais dunha intervención social participativa e representativa e colaborativa e empática-emocional (Curbelo, 2020b, 2021b). E o devandito, obrigatoriamente, condúcenos a desvelar sucintamente as tres correntes de pensamento máis habituais en e desde o social-forense neste escenario: o paradigma lineal ou simplista ou asistencial, o paradigma complexo ou transformador e o paradigma humanista ou de dereitos que, indubitadamente, sustentan a praxe do contido da devandita intervención social. No texto, téntase escribir un novo caderno de bitácora desde un enfoque centrado na persoa menor de idade, desde os fundamentos desa ultramodernidade disciplinar dimanada da actual definición global de traballo social (FITS, 2014) e dos principios da declaración de principios éticos do traballo social (FITS, 2018), ambas aprobadas pola Federación Intencional de Traballo Social.

Resumen

Artigo publicado na revista Fervenzas 24 dentro da Sección Artigo