Equipo editorial
Actualmente conforman o equipo editorial desta revista catro membros, cada un representante dunha provincia e dunha escola universitaria de Traballo Social de Galicia
*Pronto contaremos cunha incorporación correspondente a provincia de Lugo.
Ademais contamos con dúas representantes da xunta de goberno máis unha coordinadora, técnica do COTSG.
María Elena Puñal Romaris
En representación da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela.
Diplomada en Traballo social e licenciada en Filosofía e ciencias da educación.
Iniciou a súa actividade profesional como traballadora social en servizos sociais comunitarios, etapa na que comeza tamén a súa actividade académica como profesora na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago. Ligada á docencia durante os últimos anos, na actualidade é supervisora de prácticas, titora de traballos de fin de grao e profesora das seguintes materias: Investigación e diagnóstico; Soporte documentais e xestión de información, Traballo social con menores; Medidas de protección social e Deseño e avaliación de proxectos.
A súa liña de investigación principal é a aplicación da normativa de protección de datos persoais no ámbito dos servizos sociais e do traballo social. Sobre este tema ten publicados artigos como: Transmisión de información en contextos de coordinación socio-sanitaria a partir da normativa de protección de datos; A coordinación en servizos sociais e a protección de datos; Consentimento informado nos servizos sociais desde a perspectiva do traballo social, etc. Nestes últimos anos ven impartindo cursos e seminarios, e participando con ponencias sobre este tema no ámbito profesional do traballo social.
A súa vinculación co Colexio ven de anos atrás como membro permanente da mesa de redacción da Revista Galega de Traballo Social: Fervenzas
María Xosé Vázquez Vázquez
En representación da provincia de Ourense.
Forma parte da Mesa de Redacción da Revista Fervenzas do Colexio Oficial de Traballadores socias de Galicia dende o ano 1999 representando á provincia de Ourense, Traballadora social dende o ano 1991, Diplomada pola EUTS de Santiago de Compostela e Grao pola Universidade de Vigo.
Desenvolve o seu traballo no SERGAS, no ámbito hospitalario durante case vintecinco anos e agora no da Atención Primaria de saúde.
Con experiencia como docente na Universidade de Vigo no curso 1996-1997 e no ámbito privado, titora de Practicum de alumnas/os do Grao de Traballo social e ten impartido formación continuada para traballadoras sociais.
Participa activamente en diversos movementos cidadáns en defensa dos dereitos sociais e das mulleres.
Francisco Javier Aguiar Fernández
En representación da Escola de Traballo Social da Universidade de Vigo.
Área de Trabajo Social y Servicios Sociales
Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa.
Ana María Rodríguez González
En representación da provincia de Pontevedra.
Traballadora Social con mestrado en Dirección e Xestión de Servizos Sociais pola Universidade da Coruña, mestrado en Educación, Xénero e Igualdade pola Universidade de Santiago de Compostela e doutoramento con mención internacional pola Universidade de Vigo. Conta cunha traxectoria profesional centrada no ámbito da saúde, tanto en atención primaria como en hospitalaria. O seu currículum investigador inclúe artígos en revistas de impacto, capítulos de libro e comunicacións a congresos tanto no ámbito nacional como no internacional.
No ano 2009 colaborou no proxecto de Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista organizado en Galicia levado a cabo polo Consello da Cultura Galega. Dende 2014 é miembro do grupo de investigación Calidade de Vida e Economía da Saúde (QoLE) do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo. Forma parte da mesa de redacción da revista do colexio de Traballo Social de Galicia Fervenzas dende xaneiro de 2015.
Diana Morela Escobar Arias
En representación da provincia da Coruña
Traballadora Social pola Universidade do Valle, Colombia.
Ten estudos de mestría en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario e un doutoramento en educación por parte da Universidade de Santiago de Compostela, onde se destaca a súa mención “cum laude” e “internacional”.
Iniciou a súa experiencia profesional en ONG World Visión Internacional deseñando e implementando programas de desenvolvemento comunitario coa infancia e mulleres en situación de vulnerabilidade. Desempeñou labores de docencia no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e na Universidade Nacional Aberta e a Distancia UNAD.
Actualmente fai parte do grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental, SEPA-interea, da USC, recoñecido como Grupo de Referencia Competitivo (GR2013-018), no cal participa desde o 2019 como investigadora no proxecto de I+D+i, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España, “CON_Tiempos: educación e conciliación para a equidade nos tempos escolares, familiares e sociais da infancia (RTI2018-094764-B-I00)”.
Ao longo da súa experiencia investigadora ha participado en congresos e seminarios a nivel nacional e internacional. Fai parte do Programa Pasaporte á Ciencia do Ministerio de Educación de Colombia e realizou estancias de investigación na Universidade do Valle, Universidade Católica de Oriente, de Colombia; University of Ottawa-Canadá- e o Instituto Politécnico do Porto-Portugal, onde neste último fai parte do programa IACOBUS, auspiciado pola Unión Europea.
As súas publicacións e liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, nas seguintes temáticas: pedagoxía social, liderado feminino, lecer e tempo libre na infancia, procesos de empoderamento e desenvolvemento comunitario. Forma parte da mesa de redacción da revista do Colexio de Traballo Social de Galicia Fervenzas desde abril do 2021.